FICCIÓN PRODUCCIONES E XUNTA DE GALICIA COMENZAN A PRODUCIÓN DE 3CAMINOS

Unha nova serie para dar voz a todas as historias do Camiño de Santiago enmarcada no Xacobeo 2021, que estará dispoñible en exclusiva en Amazon Prime Video.

 

25 de xuño – Santiago de Compostela – Xunta de Galicia acaba de presentar a primeira serie transmedia e internacional do Camiño de Santiago, 3Caminos, na que participa. Se estreará con motivo do Xacobeo 2021 e será producida por Ficción Producciones.

A serie, que se estreará a finais do 2020, explorará as vivencias de varios mozos que conectan no Camiño de Santiago, e cómo se desenvolven conxuntamente. De este xeito, a serie faise eco das miles de historias que se suceden e se sucederon no Camiño ao longo dos anos. Por iso, o Camiño e todos os seus escenarios convírtense nun protagonista máis da ficción.

Cinco persoas de diferentes países coinciden grazas ao Camiño e comezan unha historia en común de descubrimento persoal que terminará por reencontrarlles en tres momentos da súa vida: 2001, 2011 e 2021. Momentos nos que os cinco protagonistas únense de novo para peregrinar. A audiencia asistirá ao desenvolvemento, crecemento e aos cambios das súas vidas a través de flashbacks e flashfowards. Diferentes momentos de cinco vidas que se asimilan a aquelas que pasan polo Camiño, e permete que os espectadores se identifiquen coas historias ocurridas.

“Pretendemos narrar que o Camiño é unha evolución, un modo de vida que engrandece ao viaxeiro interiormente e o une para sempre a algo sobrenatural, bondadoso e enriquecedor”, afirma Mamen Quintas desde Ficción Producciones.

3Caminos pasará a ventás xeralistas e autonómicas, e será unha serie internacional rodada en todos os países de orixe dos protagonistas, aínda que a maior parte da serie centrarase en Galicia e o Camiño, desde San Pied de Port ata Santiago de Compostela, chegando a Muros. A rodaxe realizarase en seis idiomas: inglés, francés, alemán, coreano, castelán e galego, polo que terá unha gran difusión internacional grazas á participación do grupo Beta Films encargado da emisión da serie en Alemania e Francia. No resto de países, a serie estrearase tamén en exclusiva en Amazon Prime Video coa excepción de Corea del Sur, Portugal e México onde haberá unha maior presenza noutras canles.

Durante a rolda de prensa realizada en Santiago de Compostela déronse a coñecer os primeiros nomes do equipo que dará forma á serie, como Norberto López Amado, que será un dos directores da serie. A banda sonora irá da man dos galegos Iván Ferreiro e Manu Riveiro, entre outros. Completarase cun equipo técnico maioritariamente galego que será o responsable da realización da serie. Mentres que un espléndido reparto internacional, nacional e galego darán vida ás personaxes.