Quérote tanto

Título: Quérote Tanto
Xénero: Entreteimento EMO TV
Duración: 60´x 8
Franxa: Prime Time
Presentadoras: Lucía Pérez e Arantxa Treus

Emisión: Semanal TVG

Un formato presentado pola cantante Lucía Pérez e a actriz Arantxa Treus no que os protagonistas son as historias de persoas anónimas, vitalistas merecedoras dunha gran homenaxe. Quérote Tanto encargarse de realizar este emotivo e sincero recoñecemento.

As historias comezan sempre por encargo. Serán os familiares ou amigos máis próximos do homenaxeado os que se convirtan en cómplices do programa, Grazas a eles coñeceremos a vida e historia de cada un dos protagonistas. Un relato inicial que lle servirá ao equipo do Quérote Tanto para poñer en marcha a merecida homenaxe.

Un dos grandes atractivos do programa é que o homenaxeado non descubrirá que forma parte dun programa de televisión ata o último momento. Todo grazas a importancia das cámaras ocultas.