Codice

TÍTULO: CÓDICE

Formato: Miniserie.

Xénero: Thriller policíaco.

Duración: 2×70´.

Ano: 2014.

Coprodutores: Ficción Producciones e Televisión de Galicia.

Director: Jorge Cassinello.

Guion: Gonzalo G. Velasco, Jorge Cassinello, Camilo Franco.

Música: Manuel Riveiro.

Emisión: Televisión de Galicia e Televisió de Catalunya.

Reparto: Miguel de Lira, María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Francis Lorenzo, Carlos Blanco

Sinopse: Códice é a historia dunha obsesión tratada como un thriller policíaco de proporcións históricas.

Situado nunha importante escea do crime; a Catedral de Santiago de Compostela. A primeira vez que a Catedral abre as súas portas para contar unha historia baseada en feitos reais: o roubo do Códice Calixtino.

Un gran golpe para a Igrexa Católica e a cultura internacional. Un caso cheo de incógnitas e aínda sen resolver.

As liñas de investigación multiplícanse. Ninguén sospeita que todo é obra de Manuel Castiñeiras, un humilde electricista que traballaba na Catedral. Home sinxelo e relixioso que en realidade agocha unha personalidade chea de obsesións e traumas.

Quen ía pensar que o escándalo internacional do Códice ten un epicentro dunha vida anónima e tortuosa? Que levou a este home a perpetrar un roubo de tales dimensións? Ten a Igrexia algo que ver no asunto?

Hai alguén máis detrás do roubo?