A Miña Famosa Familia

TÍTULO: A MIÑA FAMOSA FAMILIA

Formato: Programa de entretemento.

Xénero: Docu-soap.

Duración: 13 x 50´. Programa semanal.

Ano: 2009

Coproductores: Ficción Producciones e Televisión de Galicia.

Dirección: Carlos Davila.

Guion: Xoel Fernández.

Música: Manu Riveiro.

Presentador: Xosé Barato.

Emisión: Televisión de Galicia.

Sinopse: “A miña famosa familia” é un novo tipo de programa de historia baseado na xenealoxía. En cada programa veremos como un cidadán “normal” fai un percorrido pola súa árbore xenealóxica para descubrir que, sorprendentemente, está emparentado cun “famoso” ou “famosa” que pode ser tanto histórico como actual; alguén que o invitado nunca imaxinou que puidese formar parte da súa familia.

A premisa que segue o programa é que todos estamos emparentados con alguén que cambiou o curso da historia do noso país, so é cuestión de investigar.

O programa fai un percorrido pola árbore xenealóxica do participante e aproveita a ocasión para mostrar unha nova perspectiva de cómo viviamos, traballabamos e nos divertiamos no pasado, tanto recente como pasado, ao mesmo tempo que nos vai relatando a biografía do personaxe famoso. O misterio de quén é o parente famoso desvélaselle ao protagonista nos últimos minutos do programa.