TÍTULO — MEÑIQUE
FORMATO — LARGOMETRAXE DE ANIMACIÓN 3D
XÉNERO — AVENTURA E ACCIÓN
DURACIÓN — 78´
ANO — 2010
PRODUCTOR — FICCIÓN PRODUCCIONES Y ICAIC
DIRECCIÓN — ERNESTO PADRÓN
DIRECTOR INVITADO— BRUNO LÓPEZ
GUIÓN — ERNESTO PADRÓN
CANCIONS— SILVIO RODRIGUEZ
MÚSICA— MANU RIVEIRO
MEÑIQUE é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns para atopar a esa muller.
De camiño á cidade, Meñique dáse conta de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rey nas tebras e sen auga. Meñique sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.
Ao redor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres. Unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartir o botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Maimiño e poñerá en dúbida a predición do Espello Máxico.