Sinbad

Título: SINBAD

Título orixinal: «SINBAD”, baseada no libro de Álvaro Cunqueiro “Se o vello Sinbad volvese ás illas”.

Formato: Largometraxe de ficción

Xénero: Drama

Duración: 96`

Ano: 2011

Director y guionista: Antón Dobao

Argumentistas: Antón Dobao e Marcos Nine

Música: Segundo Grandío

Reparto: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Sara Casasnovas e Mariña Sampedro

Coprodutores: Ficción Producciones y Televisión de Galicia

Sinopse: Nun pobo mariñeiro vive un home duns cincuenta e tanto anos que traballou nun astilleiro, foi mariñeiro e subsiste cunha pensión non demasiado xenerosa por xubilación anticipada, incapacitado por unha enfermedade crónica.

A súa vida transcurre tranquila, entre o coidado da horta, os paseos pola beira do mar, as visitas ó porto, a observación do mar e a súa fascinación polas estrelas, os planetas, o cosmos e os universos paralelos. Chámase Aurelio, pero prefire que lle chamen Sinbad, como o vello mariñeiro. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos compañeiros diarios de café e dominó na taberna de Mansur, un home viudo que ten no seu cargo a Sara, filla súa de entre dez e trece anos coa que Sinbad mantén unha relación moi afectuosa.

Premio: Mellor actor no festival de Cine Independiente de Braga.