Recupera

recuperaRECUPERA desenvolverá unha nova solución que combina robótica e entornos virtuais para a recuperación da funcionalidade de pacientes afectados por dano cerebral – IN852A 2016/160

– O proxecto RECUPERA nace como contincuación do proxecto FISIOROB no que se desenvolveu un primeiro prototipo funcional que asegura a viabilidade de utilizar unha solución robotizada en sesión de rehabilitación.

– Enmarcado no Programa ConectaPEME 2016, o consorcio do proxecto está liderado por BALIDEA e complétano as empresas POVISA, DGH, FICCION e I3TE. AIMEN participa como entidade colaboradora.

– Este novo concepto de terapia de rehabiltación permitirá unha redución do tempo de recuperación do paciente respecto á terapia convencional nun 25%

O proxecto RECUPERA propón unha nova solución, baseada na combinación da robótica con extremidades superiores de pacientes con necesidades de rehabilitación neuromotora, co obxectivo principal de poder levar a cabo ensaios clínicos en persoas con patoloxías neurolóxicas.

RECUPERA nace como continuación do proxecto FISIOROB onde se desenvolveu un primeiro prototipo funcional que asegura a visibilidade de utilizar unha solución robotizada en sesión de rehabilitación. Nesta segunda fase, a realización de ensaios con pacientes reais permitirá validar clínicamente este prototipo que integra un robot colaborativo e un sistema de realidade virtual inmersiva. Este sistema robotizado modular permitirá asisitr aos pacientes en todas as fases de recuperación, dende a máis crítica cando o paciente non ten capacidade neuromotora apreciable, pasando pola etapa on se ten capacidade de movemento, pero non resistencia, ata a fase previa á alta médica, cando o paciente ten capacidade suficiente de movemento, pero un escaso control motriz.

Principais innovacións

O desenvolvemento dun entorno virtual inmersivo permitirá unha mellor interacción do paciente co escenario virtual, o que incrementará a súa motivación e, polo tanto, a efectividade da terapia ocupacional. Ademais, desenvolverase un sistema sensorial propioceptivo para a localización de obxectos reais usados nas terapias e unha adaptación do sistema de control do robot para permitir movementos libres co obxectivo de dar libertade ao paciente na execución de exercicios.

Dentro do alcance do proxecto inclúese un sistema que permite medir, monitorizar e clasificar a evolución dun paciente nas diferentes fases de rehabilitación, incluíndo un innovador sistema de análise de movemento mediante vídeo, que analiza a calidade da execución de cada exercicio realizado polo paciente, tratándose dunha solución moi completa enfocada a satisfacer as necesidades dun campo que conta con escasas alternativas útiles na actualidade.

Grazas a este desenvolvemento estímase unha redución do tempo de recuperación respecto á terapia convencional nun 25%, así como do tempo de atención polo equipo fisioterapeutas dun 37% e a posibilidade de finalizar a terapia no propio domicilio. Isto permitirá un aforro no coste da terapia de cada paciente arredor do 30%

Colaboración intersectorial

O proxecto RECUPERA, con un presuposto de 1,33 millón de euros e unha duración total de 34 meses, enmárcase dentro do Programa ConectaPEME 2016.

O consorcio, liderado por BALIDEA (empresa do sector TIC que desenvolve e integra software en entornos solidarios) complétano DGH (enxeñería de desenvolvemento de solucións robotizadas a nivel industrial) FICCIÓN (entidade adicada á produción audiovisual e ao deseño de entornos visuais), I3TE (enxeñería de desenvolvemento de solucións á medida para adquisición simultánea de señais) e por último POVISA (hospital privado máis importante de España o cal encargarase da validación clínica do sistemea desenvolto)

Esta agrupación de empresas conta coa colaboración de AIMEN Centro tecnolóxico.

 

SOCIOS:

socios

 

ENTIDAD COLABORADORA:

colabora
FINANCIACIÓN:

financiacion