Pequeña sirena
Título: A Pequena Serea
Xénero: Drama (baseado nun conto tradicional)
Ano: 2007
Guión e dirección: Xosé H. Rivadulla “Corcón”
Reparto: Rubén Torres, Pepe Soto, Zezilia Meléndez e Lucho Penabade
Música: Manu Riveiro
Estamos na Galicia mariñeira do primeiro cuarto do século XX. Na cociña dunha casa mariñeira de poucos recursos económico, Carme, a nai, ponlle na mesa unha bandexa con peixe. Entran Pedro e Pedriño, ao que lle fastidia ter que comer de novo peixe. O pai bromea con pescar unha vaca e así comer carne a diario. A Pedriño o que lle entusiasmaría é que pescara o cofre do tesouro. Á nai, en vez de fantasías, gustaríalle que entrara moito máis peixe para, entre outras cousas, mercar unha lavadora.
O mar rompe con forza na praia cerca de onde está Carme de pé, mirando ao mar intranquila. Achégase Pedriño que xoga na area. Polo mar ven Pedro na súa gamela, onde leva as nasas. Pedro deixa a gamela na area, Carme e Pedriño achéganse a el e nunha das nasas atopan unha pequena serea. A nai e Pedriño queren devolvela ao mar pero o pai pensa que vendéndoa conseguirán moito diñeiro.