Meñique


TÍTULO: MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO.
Formato: Longametraxe de animación 3D.
Xénero: Aventuras e acción.
Duración: 78´
Director: Ernesto Padrón.
Director invitado: Bruno López.
Guion: Ernesto Padrón.
Cancións: Silvio Rodríguez.
Música: Manuel Riveiro.
Produción: Ficción Producciones e ICAIC

 

 

Sinopse: Maimiño é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha plaga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revela quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade cos seus irmáns.
De camiño á cidade, Maimiño decátase de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei nas tebras e sen auga. Maimiño sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.
Ao redor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres. E unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartir o botón entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Maimiño e porá en dúbida a predición do Espello Máxico.