Mar libre

TÍTULO: MAR LIBRE

Formato: Miniserie.

Xénero: Acción e aventuras.

Duración: 2×75´

Ano: 2009.

Coprodutores: Ficción Producciones & Televisión de Galicia.

Director: Dani de la Torre.

Guion: Daniel Sáenz de Parayuelo, Alberto Guntín, Victoriano Sierra e Dani de la Torre.

Música: Manuel Riveiro.

Emisión: Televisión de Galicia e Televisió de Catalunya.

Reparto: William Miller, Luís Zahera, María Vázquez, Jose Ángel Egido.

Sinopse: Ano 1789. Na costa de Galicia crece unha próspera industria de conserva de sardiña; os fomentadores cataláns, impulsores quince anos atrás, recollen o beneficio da súa visión de negocio. Pero un deles, Amadeo Curt, explota aos pescadores que traballan para el, amasando cada vez máis fortuna e poder, con métodos de escravitude i extorsión. Os pescadores, cansados e impotentes ante o tirano, non logran atopar unha solución. A chegada de Anxo Estrada, Capitán da Real Armada, quince anos despois da súa marcha do pobo por culpa do fomentador catalán, axudará ao seu pobo e iniciará unha revolta na que os pescadores loitarán pola súa dignidade, pola súa vida, mais sobre todo pola liberdade.

Premios: Mellor interpretación feminina protagonista, Mellor deseño de vestiario e Mellor película para televisión nos Premios Mestre Mateo 2010, Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine de Houston, Placa de Ouro no International Film Festival Hugo Awards de Chicago, Mellor Serie en Eurofilmfestival de Marbella, Premio á Mellor película para Televisión no Festival de Cine Independente de Braga, Seleccionado no 17th Shanghai TV Festival para o Magnolia Award, Seleccionado no Banff World Media Festival de Toronto. Na emisión dos seus dous capítulos, o 14 e o 21 de decembro de 2010, conseguiu situar a TVG case tres puntos por enriba da súa media.