KALA PATTAR

Título: Nas portas do ceo
Xénero: Docudrama
Formato: Super 16mm
Duración: 90´
Ano: 2007
Coprodutores:Ficción Producciones e Namche Films
Guión e dirección:Henrique Banet

Sinopsis:.Tenzing e Meena son dous xoves sherpas que viven na meseta do Tíbet. Dende a súa infancia atópanse coas dificultades dunhas condicións de vida extremas impostas pola tradición: pastoreo, matanza e secado da carne ó aire frío da meseta, o contacto coa natureza irrepetible, longas reunións ó carón do lume, a vivencia das primeiras experiencias nun marco familiar e social que non parece augurarlles grandes convulsións. A transición da infancia á idade adulta preséntaselles de forma tan abrupta como as condicións do seu contorno. Para el, chegou o momento de comezar a viaxar ao Nepal durante o inverno, polo que ten que conducir grandes rabaños para vendelos seus produtos: carne seca, sal, abalorios… Ela ten que ficar soa no Tíbet durante os longos meses de inverno, sinte fortemente a dureza desta separación. A vida deixou de ser un xogo. O paso do tempo vai traer novas e adversas circunstancias familiares. Costumes, relixión e tradición únense contra ambos, trazandolles rumbos opostos ás súas vidas. Acontecen anos de gran dureza, será posible que o destino dé un novo xiro e xogue, esta vez ao seu favor?