Hospital Real

 

Título: Hospital Real

Formato: Serie TV

Xénero: Drama histórico.

Duración: 1 Tempada de 70′x15

Ano: 2015

Produción: Ficción Producciones para TVG

Dirección: Jorge Cassinello

Guion: Carlos Portela e Lidia Fraga

Música: Manuel Riveiro

Emisión: TVG

Reparto: Mariña Sampedro, Pedro Freijeiro, Pedro Alonso, Susana Dans, Antonio “Durán” Morris, Tamara Canosa, Sonia Castelo, Xulio Abonjo, Xosé Barato, María Roja, María Vázquez, Francis Lorenzo

Sinopse: O que hoxe é un hotel de luxo, antano era un dos principais Hospitais de España. “Hospital Real” está ambientada a finais do século XVIII, nun contexto histórico sacudido por unha crise económica e pola chegada das ideas liberais da Revolución Francesa.

Olalla, unha campesiña, rescata a un home ferido á beira dun camiño. Resulta ser Daniel, o futuro cirurxán do Hospital e fillo dun importante nobre da cidade. Durante o tempo que Daniel pasa na súa casa, recuperándose das feridas, os dous mozos namóranse sen remedio, e Olalla decide ir con él a Santiago, co soño de convertirse en enfermeira do Hospital Real. A partir de aí, unha serie de asesinatos, un compromiso forzado, os negocios turbios do pai de Daniel e os conflictos políticos e económicos farán que os camiños de Olalla e Daniel se separen.

Unha historia coa combinación perfecta. amor, misterio e melodrama, na que a menciña e a historia da época xogan un papel fundamental.