Escoba!
TÍTULO: ESCOBA!
Formato: Serie TV
Xénero: Comedia.
Duración: 25′ por capítulo.
Ano: 2011
Realizador: Álex Sampayo.
Director: Mariana Carballal.
Música: Manuel Riveiro.
Reparto: Teté Delgado, Mela Casal, Rosa Álvarez, Dorotea Bárcenas e Elina Luaces.
Sinopse: Marina,Sofía, Amparo, Antonia e Milagros son un grupo de mulleres “maiores” que se xuntan polas tardes no Centro Social da súa vila, para xogar as cartas, en concreto á Escoba.
Xogan porque lles gusta falar. É a escusa perfecta para darlle unha volta a todos os temas dos que non se fala normalmente, e dos que se fala tamén. A escusa para arranxar o mundo.
Aproveitando o xogo e cada unha dende a súa personalidade, varren cada día algo que lles molesta, que lles aflixe ou que lles entristece. ( No cárcere as presas tamén xogan a borrar o que non lles gusta). Varren a soidade, a falta de saúde, a intolerancia, o medo a vellez, o desamor, a ausencia dos fillos, a impotencia…
Ao redor dunha mesa, en clave de comedia, xogan, falan, rin e cantan cada tarde come se fose a última.
Pasarán pola súa mesa temas e actualidade e temas de sempre, vistos dende o humor e a ironía.
Tamén xogan porque lles gusta. A discusión do propio xogo, a competición..