a Mariñeira

 

TÍTULO: A MARIÑEIRA

Formato: TV Movie.

Xénero: Drama de época.

Duración: 84´

Ano: 2007

Coprodutores: Ficción Producciones, Televisión de Galicia, Diagonal Tv e Televisió de Catalunya (TV3)

Director: Antón Dobao

Guión: Xabier Cordal e Antón Dobao. (Baseado no relato homónimo de Darío Xohán Cabana).

Música: Manuel Riveiro

Reparto: Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Antonio Durán “Morris”, Roger Casamajor, María Vázquez e Lucía Regueiro

Emisión: Televisión de Galicia e Televisió de Catalunya

Sinopse: A través de “A Mariñeira” navegamos rumbo á época máis cruda do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e os primeiros anos da posguerra. Esta é unha TVmovie que nos permite, por unha banda, ser testemuñas do terror do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estourar a guerra, temas tan recorridos nos libros, fitos e desgrazas que todos, directa ou indirectamente, coñecemos e, por outra banda, introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente, na parroquia de Pindo, en Quilmas, entre a paisaxe rosada do monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona.