a Biblioteca da Iguana

TÍTULO: A BIBLIOTECA DA IGUANA

Formato: Longametraxe de ficción.

Xénero: Suspense

Duración: 80´

Ano: 2005

Coprodutores: Ficción Producciones e Televisión de Galicia.

Director: Antón Dobao

Guión: Miguel Anxo Prado e Antón Dobao. (Baseado no relato homónimo de Xosé Miranda).

Música: Safari Orquestra

Reparto: Evaristo Calvo, Mónica Camaño, Nuria Prims, Monti Castiñeiras, Víctor Mosqueira e Luisa Martínez

Emisión: Televisión de Galicia.

Sinopse: Andrés é un profesor universitario, especializado en literatura. Un día, descobre unha anomalía grave na novela que adquiriu para entreterse nun longo voo: na páxina 43, o que comezou como unha novela seria e armoniosa convértese nunha disparatada aventura de detectives.