


Ficción Producciones nace en maio de 2003 como empresa independente adicada á produción audiovisual de contidos de ficción e de animación para o mercado nacional e internacionl. Está constituída por un equipo humano creativo con ampla formación empresarial. Con máis de 18 anos de experiencia conseguiu un constante cremento e posicionamento no sector.

Dende a súa creación e como calquera outra productora que se encha de orgullo de si mesma, Ficción Producciones está en constante procura de boas historias, innovadores formatos e avances tecnolóxicos que definan a estratexia empresarial dos anos futuros. En todo este percorrido, Ficción Producciones levou a bo término moitos proxectos audiovisuais, centos de horas de televisión, longametraxes e producións CGI, entre outros traballos. Nos últimos anos ademais de contidos de ficción, a empresa dedicou un grande esforzo económico e profesional na área de animación considerando que Galicia pode xerar unha importante industria neste sector. Como exemplo deste impulso e desenvolvemento, Ficción Producciones estreou no ano 2014 “Meñique”, a primeira longametraxe de animación 3D Cuba-España, que supuxo un éxito rotundo no país cubano e conseguindo a nominación na edición dos Premios Goya 2015. Na actualidade, Ficción Producciones continúa inmersa na produción de grandes proxectos e procura constante de talento, coproducción e investimento. Un esforzo constante que leva a Ficción Producciones a desenvolver un considerable traballo que día a día dá os seus froitos.






Quen somos?
Julio Casal
CEO
Toni Veiga
Director de Producción
Borja Pardo
Encargado do Departamento de Sistemas
Luisa Martín
Directora Financiera
Leandro Quintas
Coordinador de Postproducción
Antón Bugallo
Cámara
Mamen Quintas
Productora Executiva
Mamen Casal
Junior Executive
Chus Sánchez
Prensa
Carmen Souto
Tesorería
Cristina Caldelas
Mantenimiento
Eladio Vega
Sonido