O Obxectivo do presente Aviso Legal é a regulación das condicións de uso e acceso á páxina web propiedade de FICCIÓN PRODUCCIONES. Só polo feito de acceder á páxina e navergar pola mesma, vostede comprométese a seguir estas Condicións Xerais de Uso.

1. -DATOS IDENTIFICATIVOS. En cumprimento co deber de información recollido no art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la información y del Comercio Electrónico, datallamos a continuación os datos relativos á empresa, indicando que a súa Denominación social é FICCIÓN PRODUCCIONES S.L, con domicilio na Rúa Palmeira 62 A2, Polígono Novomilladoiro – 15895 Ames (A Coruña), número de CIF: B15875958, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo, Folio, Folla; é a propietaria e encargada de xestionar o domicilio das páxinas www.ficcion-producciones.com e o enderezo electrónico produccion@ficcion-producciones.com

2.-POLITICA DE ENLACES:

Tanto o acceso á Páxina Web como o uso da mesma polo Usuario, así como dos seus contidos e/ou produtos ofertados e accesibles por medio da mesma, quedan suxeito á lexislación aplicable, sexa nacional ou internacional, así como aos principios de boa fe e uso lícito por parto do Usuario, quen será enteiramente responsable de dito acceso e correcto uso.

O Usuario estará obrigado a facer un uso razoable do servizo, segundo as posibilidades e fins para os que está concebida a Páxina Web. FICCIÓN PRODUCCIONES non asume responsabilidades, xa sexan directas ou indirectas, por dano emerxente ou lucro cesante, derivadas do mal uso do servizo realizado polo Usuario ou terceiros.

Con carácter xeral, queda prohibido calquera tipo de actividade en prexuízo de FICCIÓN PRODUCCIONES ou de terceiros. FICCIÓN PRODUCCIONES non será en ningún caso responsable da información, imaxes, alusións ou contidos que se comuniquen, aloxen ,transmitan ou exhiban a través da Páxina Web.

Queda terminantemente prohibido o uso da Páxina Web con fins ilegais ou non autorizados,e, en concreto, e sen que teña carácter exhaustivo: calquera forma de violación dos dereitos de terceiros sobre a súa intimidade, honra, propia imaxe, segredo nas comunicacións, propiedade intelectual e industrial ou protección de datos persoais.

A entidade non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos amosados na conexión a enlaces de terceiros aos que se faga referencia na web.

3.- DEREITOS DE PROPIEDADE

Os contidos das Páxinas Web están protexidos polas leis españolas da propiedade intelectual e industrial, os tratados internacionais e a normativa comunitaria europea vixente sobre a materia.

Toda a información contida nas Páxinas Web é propiedade intelectual de FICCIÓN PRODUCCIONES e/ou os outorgantes das licencias. Todas as marcas rexistradas, marcas de servizo e nome comerciais son propiedade de FICCIÓN PRODUCCIONES, e/ou os outorgantes das licencias. Todos os logotipos, personaxes, animación, guións, información, nomes e os elementos relacionados cos mesmos son propiedade única e exclusiva de FICCIÓN PRODUCCIONES ou as súas empresas filiais ou asociadas e/ou os outorgantes das licencias.

Queda estrictamente prohibida o uso da información contida nesta Páxina Web con fins comerciais ou públicos. Asimesmo, prohíbese expresamente a venda, subasta, aluguer, préstamo, regalo, comercialización ou intercambio ou o uso de calquera texto, gráfico, fotografía, contido visual ou sonoro ou fotograma do contido audiovisual das Páxinas Web con calquera finalidade distinta ao uso privado e non comercial, en calquera forma, medio ou tecnoloxía, coñecida ou desenvolta actualmente ou que poida crearse no futuro, incluñindo o uso de calquera dos contidos mencionados en calquera outra páxina web ou rede informática, sen o consentimento previo e por escrito de FICCIÓN PRODUCCIONES.

Prohíbese tamén a realización de traballos baseados nos contidos desta Páxina Web, incluíndo, sen limitación, produtos, servizos, tipografías, iconas, botóns de enclace, fondos de escritorio, temas de escritorio, tarxetas postais e felicitacións electrónicas e os produtos de distribución comercial sen licencia (xa sexa mediante a venda, o intercambio ou como regalo).

Os contidos, imaxes, servizos, formas, opinións, índices e demáis expresións formais que formen parte da Páxina Web, así como do software necesario para o funcionamento e visualización da Páxina Web, constitúen asimesmo unha obra no sentido do Dereito de Autor e quedan, polo tanto, protexidas polas convencións internacionais e lexislacións nacionais en materia de Propiedade Intelectual que resulten aplicables. O incumprimento do disposto nestas Condicións Xerais de Uso comportará a comisión de graves actos lícitos e a súa sanción pola lexislación civil e penal.

4.-LIMITACION DE RESPONSABILIDADES:

FICCION PRODUCCIONES fai todos os seus esforzos por manter actualizada a Páxina Web e por que o Usuario poida acceder á mesma en todo momento. Non obstante, é posible que por razóns técnicas o visionado e funcionamento da Páxina Web non sexa sempre correcto ou completo. FICCIÓN PRODUCCIONES declina calquera responsabilidade en caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento do servizo por razóns que non lle sexan directamente imputables; non se fai respontable por caídas da rede, erros no acceso ao Portal, que o contido ou software ao que o usuario poida acceder a través do Portal esté libre de erro, non conteña virus informáticos, nin outros elementos que poidan producir alteracións no seu sistema, suspensión temporais da Páxina Web ou calquera outro tipo de dano directo ou indirecto que poida ser causado ao Usuario.

Sen prexuízo do dito anteriormente, a empresa poderá suspender temporalmente o contido da Páxina Web por razóns de mantemento ou reparacións dos seus sistemas, e introducir cantos cambios na Páxina Web estime oportunos. En calquera caso, a configuración e capacidade dos equipos do Usuario deberá ser suficiente para permitir o correcto uso dos servizos que se ofrecen a través da Páxina Web.

Aqueles Usuarios que envíen observacións, opinións ou comentarios por medio do servizo de enderezo electrónico, salque que exptresen de maneira certa e inconfundible o contrario, enténdese que autorizan a FICCIÓN PRODUCCIONES para a reprodución, distribución, comunicación pública, exhibición, transmisión, retransmisión, emisión, posta a disposición, almacenamento en soportes físicos ou lóxicos de tales observación, opinións ou comentarios, en todo o omundo e por todo o tempo permitido pola lexislación aplicable, Asimesmo, enténdedse que esta autorización faise a título gratuíto, e que só polo feito de enviar por correo electrónico ditas observacións, opinións ou comentarios, o Usuario declina calquera pretensión remuneratoria por parte de FICCIÓN PRODUCCIONES.

A empresa non será responsable en ningún caso nin das opinións nin dos contidos dos Usuarios que se difunden a través da Páxina Web, sendo os Usuarios enteramente responsables dos mesmos. A súa vez, os Usuarios garantizan que nin as opinións nin os contidos dos que son responsables infrinxen os dereitos de terceiros, exonerando a FICCIÓN PRODUCCIONES de responsabilidade frente a calquera reclamación de terceiros por infracción dos seus lexítimos dereitos. Quedan prohibidos os recursos técnicos, lóxicos ou tecnolóxicos por virtude dos cales un terceiro poida beneficiarse, directa ou indirectamente, con ou sen lucro, de todos e cada un dos contidos, formas, índices e demáis expresións formais que formen parte da Páxina Web.

En concreto, queda prohibido todo link, hyperlink, framing ou vínculo similar que poida establecerse en dirección á Páxina Web. Calquera transgresión do disposto neste punto será considerada como lesión dos lexítimos dereitos de Propiedade intelectual de FICCIÓN PRODUCCIONES sobre a Páxina Web e todos os contidos da mesma.

5.-PROTECCION DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Como propietaria e responsable dos ficheiro de datos que se obteñen automáticamente a través das Páxinas Web, FICCIÓN PRODUCCIONES comprométese ao cumprimento das obriga que lle sexan de aplicación dacordo co establecido na normativa española de protección de datos e, en particular, co disposto na Lei Orgánica 15/1.999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (“LOPD”), así como no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro. Polo que se aproba o Reglamento de desenvolvemento da LOPD (en adiante “O Reglamento de Protección de Datos”).

A cumplimentación dos formularios, envío de correos electrónicos ou o uso de calquera outro mecanismo de comunicación de datos, implica o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos sues Datos de Carácter Persoal por parte de FICCIÓN PRODUCCIONES.

Polo tanto a dirección de correo electrónicos, datos persoais formant parte do ficheiro de “CLIENTES E/OU PROVEEDORES” rexistrado ante a Axencia de Protección de Datos co Nº2122201020. Os datos presoais que obran en poder da empresa están protexidos e non serán compartidos con ningunha outra empresa. Ditos ficherios teñen como a súa única finalidade a xestión profesional (1) por parte de FICCIÓN PRODUCCIONES S.L, quen é titular de ditos ficheiro. Os datos contidos neles serán tratados de forma confidencial. FICCIÓN PRODUCCIONES, S.L cumpre íntegramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e coos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.

FICCIÓN PRODUCCIONES, S.L adopta as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requerido, segundo a natureza dos datos persoais tatados e as circunstacias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.

O usuario pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, medianto o envío dunha solicitude escrita e firmada, incluíndo nome, apelidos e fotocopia do DNI, na que solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a FICCIÓN PRODUCCIONES S.L. Segundo o que establece o art. 5 LOPD.

(1) Xestión de clientes, realización de presupostos, xestión contable e fiscas, elaboración de facturas, xestión de recursos humanos, xestión laboral.

6.-XURISDICCION E LEIS APLICABLES:

A relación entre FICCIÓN PRODUCCIONES S.L e o USUARIO rexirase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xuzgados e Tribunais españoles.

7.-EMPLEO DE COOKIES: FICCIÓN PRODUCCIONES poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación do USUARIO polo seu site. As cookies asócianse únicamente a un USUARIO anónimo e o seu ordenador e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do USUARIO. O USUARIO poderá configurar o seu nacergador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas por FICCION PRODUCCIONES, sen que isto perxudique a posibilidade do USUARIO de acceder aos Contidos.