Sinopse

Image

Meñique é a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha plaga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir a cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

De camiño á cidade, Meñique e os seus irmáns coñecen que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei sen auga e nas tebras; e que o soberano prometeu dar á súa filla, a princesa Rocío, en matrimonio e outorgarlle o título de marqués, a quen fose quen de cortala árbore e abrir un pozo. Meñique sorpréndese ao comprobar que a princesa é a "media laranxa" que lle mostrara o espello máxico.

Pero el non sabe que a árbore xigante que cubre o palacio foi creada pola bruxa Maruxa. Ela quere vingarse do rei roubándolle o tesouro que agocha nunha inmensa caixa forte, e casando ao seu fillo Froilán coa princesa. O noso pequeno convertirase nun obstáculo para os seus malvados propósitos.

Antes de chegar ao seu destino, o noso heroe enfrentarase a un bosque encantado, para acadar tres obxectivos máxicos: o machado Hachibaldo, o pico Picoretto e a fonte de auga con forma de noz chamada Señora Arroyo. E será o espello máxico quen lle aprenderá a usar a súa intelixencia para superar tódolos obstáculos.

Ao redor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres. E unha misteriosa ladrona rouba no palacio para repartir o botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Meñique e porá en dúbida a predicción do Espello da Media Laranxa.

Finalmente o pequeno campesino triunfará no empeño de cortala árbore, abrilo pozo, vencer a un xigante, derrotar a unha bruxa e conquistala súa amada. Todo grazas á axuda dos seus amigos máxicos porque finalmente aprende que "o saber pode máis que a forza".’